•  Inicio / Concello / Saúdo do Alcalde

    Benvidos á web do concello de Curtis.

    Espero que estas páxinas sirvan para que o noso concello se dea a coñecer fóra de Galicia, poñendo a disposición de tódolos visitantes aqueles aspectos de maior interés, como a historia, as tradicións, o patrimonio cultural e sobre todo a tranquilidade e a natureza.

    Sen embargo non queremos que a páxina do concello sexa únicamente unha ventana aberta ó exterior, senón tamén un instrumento para o diálogo coas xentes do municipio.

    Un concello extenso como Curtis e coa poboación dispersa dificulta en ocasións a comunicación entre os veciños e os seus representantes; queremos que coñezan a organización interna do concello, os servicios que presta, as obras que están en marcha e xestinándose.

    O noso propósito é que esta sexa unha páxina con vida e por eso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer ou solicitar máis información. Se a visitades con frecuencia comprobaredes que periódicamente será actualizada para que poidades obter información sobre as actividades culturais e deportivas programadas, así como das axudas e subvencións das diferentes administracións públicas, e, por suposto das feiras e festas que se celebran na localidade.

    Se por estas ou outras razóns nos vemos honrados coa vosa visita sabede que seredes sempre benvidos.


    D. Javier Francisco Caínzos Vazquez
    Alcalde do Concello de Curtis